miércoles, 30 de noviembre de 2016

Colaboramos co CCA de Arteixo

  Como tódolos anos, colaboramos co CCA na elaboración das postais solidarias coas que contribuimos á doazón de alimentos  para os máis necesitados.
  As postais estarán distribuídas en distintos comercios de Arteixo e as familias interesadas en participar só terán que doar algún alimento no perecedeiro para poder retir a do seu neno ou nena. Así que animádevos a participar!!
En canto saiba onde estarán as postais da miña aula informareivos cunha nota.

Déixovos abaixo o que fixeron as nenas e nenos para que vos fagades unha idea.





viernes, 25 de noviembre de 2016

Día Internacional contra a violencia de xénero

Hoxe é o Día contra a Violencia de Xénero, para traballar este tema vimos e falamos sobre un vídeo baseado no conto "Ningún biquiño á forza".
Ademáis estampamos as nosas mans nun lazo conmemorativo.
Digamos NON á violencia de xénero!!


jueves, 24 de noviembre de 2016

Comezamos coas merendas saudables!!


 A partir de agora algúns dos Martes, que é o día da froita, faremos algún taller de cociña saudable. Este tocounos zume de laranxa.
Primeiro tivemos que lavar as mans, despois buscar o noso vaso entre os  dos membros do  equipo  e despois... Mans á obra!!
Cada un colleu unha laranxa fixámonos en que forma tiñan, se rodaban, a que se parecían, comparamos os seus tamaños...
Cortamos as laranxas, vimos como eran por dentro e  comezamos a exprimilas. Eso sí, primeiro puxemos o gorro de cociñeiros.
Despois marcamos cun rotulador ata onde chegaba o zume de cada un no noso vaso. Como sabemos quen tiña máis cantidade? Fixemos comparacións e... por suposto probámolo.

A experiencia resultou todo un éxito. Todos e todas quixeron probalo e houbo que quixo máis. Seguro repetiremos!!

domingo, 17 de julio de 2016

Remata unha etapa!!

   Aínda que con moito retraso, gustaríame despedirme por aquí tamén das familias e dos pequenos e pequenas cos que compartín estes tres últimos cursos.

  Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración e axuda. Grazas por entender a miña forma de traballar e por deixarme facer  con liberdade. Grazas por facer da festa da graduación un día inolvidable!

  Grazas aos meus nenos e nenas por permitirme compartir estes anos tan importantes da vosa vida cheos de tantas primeiras veces.  Grazas polas apertas, os bicos, os debuxos adicados, os sorrisos, a vosa emoción ante un xogo novo, grazas polo voso querer saber... 
Grazas por demostrarme, que aínda nos días difíciles, este é o mellor traballo do mundo. Sempre me lembrarei de vós.

  Gustaríame perdirvos, tanto ás familias coma aos nenos e nenas, que  apoiedes aos vosos futuros profes e que faledes con eles ante calquera dificultade. Lembrade que o cole que  desexamos depende de todos nós.

  Si me necesitades nalgún momento, eu seguirei no corredor de Infantil á vosa disposición.

Despido este blog ata ao remate do verán do que seguro voltarei con moitísimas ganas e ilusión por coñecer aos que serán os meus novos alumnos de tres aniños.

  Grazas!!!

miércoles, 18 de mayo de 2016

Ultimamente no recuncho das letras...

   Aquí hai bastante movemento. Unha semana fixemos un novo xogo nos que tiñamos uns taboleiros con tapóns e columnas con palabras. Do que se trataba era de ler cada columna de palabras e establecer relacións entre elas empregando unha goma do mesmo color para cada relación. Así por exemplo, unimos sopa, caldo e paella coas gomas de cor amarelo.




  Outra semana xogamos cos polos de xeado. O obxectivo do xogo era formar palabras empregando as sílabas trabadas directas e inversas para que se vexan obrigados a practicar a súa lectura. Houbo quen tiña ganas de comer un!!


   Esta semana voltanos a empregar a máquina que lanza palabras. A actividade consiste en completar as palabras escritas nunhas cartolinas empregando a letras que van saindo da máquina. Para iso primeiro len o que teñen escrito nos cartóns, intentando adiviñar o que pon. Así poñemos a proba a nosa conciencia fonolóxica!!


jueves, 5 de mayo de 2016

Exposición de dinosaurios!!

  A vindeira semana organizamos unha saída para ver a exposición itinerante sobre dinosaurios e animais prehistóricos. Foi algo improvisado, xa que non sabiamos que a habería pero como estamos a traballar este tema consideramos que sería xenial poder visitala cos pequenos e pequenas. A exposición está ubicada en Expo Coruña os días 13, 14 e 15.
  Déixovos o enlace da exposición por si queredes ter máis información.
  http://www.dinosaurios-expo.es/

domingo, 10 de abril de 2016

Visítanos o tío de Guille!!

 A pasada semana tivemos unha visita moi especial. A profe Mane está desenvolvendo cos nenos e nenas de cinco anos un proxecto sobre o folclore popular gelego, así que tivo a xenial idea de pedir axuda ás familias para que si alguén tocaba un instrumento relacionado co tema viñese a ensinárnolo e a tocarnos un pouquiño.
Tivemos sorte, xa que o tío de Guille, Alberto, ofreceuse a vir á clase a tocar a pandeireta. Todos estaban desexando recibir a visita (toda unha novidade para nós) e o resultado no puido ser mellor.

Alberto explicoulles como se chamaban as partes da pandeireta, de que estaban feitas antes e de que se facían agora, contounos quen lle ensinou a el, como se empeza a tocar este instrumento, ensinounos ritmos distintos en función do que quereos tocar, ensinoulles aos nenos como se colocan as mans, axudoulles a tocar a pandeireta,  deixounos quedar a pandeireta para que practicásemos ... E inclusou nos cantou!!
Foi un experiencia xenial que seguro repetiremos!! Todos preguntan cando nos visitará de novo!!

Moitísimas gracias a Alberto por vir, por ensinarnos tanto e por ser tan riquiño con todos nós!!
Moitas grazas á familia de Guille e, por suposto, á profe Mane por esta boa idea e por achegar aos pequenos e pequenas algo tan noso como o folclore galego. Así, é un pracer traballar!!

Nós agasallamos a Alberto cun debuxiño asinado por todos.


jueves, 25 de febrero de 2016

Esta semana nos recunchos...

  Esta semana no recuncho das letras xogamos a "no me quites la palabra". Este é un xogo comercial que ten moitas posibilidades didácticas. Consiste nun aparelllo que lanza letras coas que hai que tratar de formar palabras antes que os outros. Como é un pouco complicado eso de pensar palabras a partir dunhas letras dadas, fixemos dous subequipos: un de dous membros e un de tres. O principal problema que teñen é que están pensando nunha palabra a partir dunha letra que ven e están agardando a que lles saian as letras que necesitan para compoñela.
E o xogo non vai diso. Cun pouco de práctica este xogo promete!!

 No recuncho da plástica, fixemos un mandala de creación libre.  Primeiro buscamos un obxecto redondo para partir del, puxémolo no centro, marcámolo e pintámolo e a partir de aí... A poñernos creativos!! Déixovos algúns dos resultados.




En números, andamos ás voltas co anterior e o posterior. Nunhas fichas plastificadas tiñan que escribir o número anterior e o posterior ao  indicado pola pinza.

  Ademáis tivemos construcións e xogos de mesa.

martes, 16 de febrero de 2016

Ler en familia (II)

 Hai xa un tempo que escribín unha entrada sobre a importancia de ler en familia e de que os nenos e nenas teñan modelos lectores, é dicir, que conten con nais, pais, irmáns ou avós que lean e que valoren a importancia da lectura.
 Por si vos interesa, déixovos o enlace dunha presentación na que se enumeran os aspectos máis salientables a ter en conta para crear lectoras e lectores.

https://prezi.com/ff8zdmwnzany/consejos-para-familias-lectoras/